ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O itinerario “...Con humor”, posto en marcha polo Concello de Ferrol nesta nova tempada cultural, levará este venres ao Teatro Jofre o espectáculo de monólogos “Star Tres”, que representarán ás 22.00 horas Isabel Risco, David Perdomo e Isi, tres grandes actores do programa da TVG Land Rober. As entradas para asistir a este show humorístico están á venda no Punto de Informaci&oa
Tras unha longa traxectoria televisiva, os tres humoristas que protagonizan “Star Tres” subiranse ao escenario competindo para facer rir ao público cun número diferente que ten como temática tres historias e un nexo común: a gargallada.
Un espectáculo de dúas horas de duración con tres estilos independentes. Un deles, o de Isabel Risco, contacontos, monologuista e actriz de programas e series da TVG como Land Rober, Air Galicia, O show dos Tonechos ou Padre Casares. Deuse a coñecer na pequena pantalla tras o seu paso polo programa O rei da comedia e ten participado en diversas longametraxes e curtametraxes como Os mortos van á presa e Koruño, legado de Hércules.
Pola súa banda, Isi foi gañador de O rei da comedia e participou en numerosos programas da televisión autonómica galega (Supermartes, Land Rober...). É actor de teatro, monologuista, contacontos e pregoeiro das festas de numerosos pobos de Galicia.
Finalmente, David Perdomo compaxina na actualidade o seu traballo teatral coa televisión, onde comparte escea con X. Antonio Touriñán, Roberto Vilar, Isabel Risco e Isi no exitoso late night Land Rober. Traballou como actor en Zapping Comando, Avenida de América e participou tamén en longametraxes, curtametraxes e documentais como Diario de un skin ou Koruño, legado de Hércules.