O humor e a enfermidade mental

O humor e a enfermidade mental
10 de Maio, 2022 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

“Non penses nun elefante rosa”. A última novela de Antía Yáñez aborda con humor o Trastorno Obsesivo Compulsivo (TOC). Conta a historia de Aurora, unha moza con traballo que vive soa na cidade e a quen o seu compañeiro de vida e hipoteca abandona. As patoloxías mentais disparáronse desde o confinamento, pero Antía confesa que empezou a escribir a novela, antes da pandemia do coronavirus.

ESCOITA O PODCAST:
Clube de leitura de Radio Fene Radiofusión

Antía Yañez refírese á escaseza de películas ou novelas que falen dos trastornos mentais. Parécelle que en cambio abunda a documentación sobre enfermidades terminais. "Vin un montón de películas nos que o protagonista tiña unha enfermidade terminal e se narran os últimos dia da vida. Por iso eu sabía como contarlle á miña familia que morría en tres meses, pero eu non sabía como explicarlle á miña familia que tiña unha enfermidade mental" afirma. Yáñez é unha escritora e enxeñeira de Camiños nacida en Burela en 1991. Combina a literatura infantil coa escritura para adultos. Publicou “Non  penses nun elefante rosa” de xeito simultáneo en galego, castelán e catalán. Poderemos escoitar a conversa coa literata este xoves ás 11 da mañá no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora