O humor recibe premio

O humor recibe premio
15 de Xuño, 2021 - 09:55 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde, Juventino Trigo, e o Goberno Municipal de Fene felicitan ao debuxante fenés e fundador do Museo do Humor de Fene, Xaquín Marín Formoso, gañador na categoría de "persoas" no premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.

Mural deseñado por Xaquín Marín. Fene

Á hora de outorgar o recoñecemento, o xurado do certame valorou" o compromiso continuado no tempo, o alcance social do seu traballo e o feito de facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación onde a presenza do galego era residual". A candidatura de Xaquín Marín ao certame provincial foi presentada polas áreas de Museo e Normalización Lingüística, co apoio da concellería de Cultura e do Goberno Municipal de Fene. No mesmo certame, tamén acadaron recoñecemento a Agrupación Astronómica Ío, na categoría de entidades, e o Twitter en galego, para iniciativas de xente nova.

Cultura

Publica o teu comentario agora