O IES de Fene celebra o 25 aniversario

O IES de Fene celebra o 25 aniversario

06 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os ex-alumnos do IES de Fene, a primeira promoción de 1984-1985, que estaban organizando a cea do 25º aniversario do centro, xa teñen todo preparado. O día grande será o venres 21 de maio.

Podemos adiantar que ese dia á tardiña desenvolverán uns pequenos actos conmemorativos no propio instituto- saúdos, concerto e discursos de recoñecementos e agradecemento-
Sobre as  21:00 horas comezará a cea no Restaurante "Casa Peizás" (As Neves-A Capela) seguida dun baile ata as 03:00 da madrugada. Quen desexe participar terá que ingresar 47 € nunha conta de Caixa Catalunya, antes do día 16.05.2010. O menú e demáis detalles están colgados no usuario facebook "institutobarallobre".

O centro enviou unhas 300 cartas , segundo o director, Xoan Vázquez aos ex alumnos para convidalos á festa. Os promotores da cita abriron unha conta de correo electrónico con esta dirección: institutobarallobre @ yahoo.es ou en facebook, en institutobarallobre. A convocatoria ábrese a todos-as os que foron alumnos do IES, non só ós da primeira promoción, segundo Sechu Rodeiro, un dos promotores.

Sociedade