O IES de Foz esixe poder impartir o ciclo superior de dirección de cociña

O IES de Foz esixe poder impartir o ciclo superior de dirección de cociña

15 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Dende o IES de Foz non acepta a decisión da concellería de Educaciób de non ofertar no centro os ciclos superiores de cociña e dirección de servizos, que xa tiñan solicitado para o próximo curso. O longo desta semana celebraronse varias reunións con diferentes axentes sociais para tentar buscar solucións a esta situación.

Dende a dirección do centro, Nemesio Rodríguez explicou que non recibiran ningunha comunicación oficial dende a Xunta anunciando a supresión deste ciclo superior. No IES coñeceron a nova cando se publicou en Internet ó mesmo tempo que o resto da poboación. O directo tamén reseñou que xa o ano pasado tiveran que loitar para recuperar o ciclo medio de restauración, que tamén pretendían eliminar dende o goberno galego. Para hoxe mesmo tiñan convocada unha sentada de protesta diante do centro, para manifestarse en contra desta decisión.
Entre os apois qua xa recibiu o centro está o do novo alcalde focense, Javier Castiñeira que lles anunciou que se poría en contacto coa adminstración galega para ver porque se decidiu denegar o ciclo e tratar de solucionalo. Tamén o Partido Socialista manifestou o seu desacordo coa decisión. Dende o sindicato CIG ensino criticaron asi mesmo a decisión da Xunta sinalando que supón un ataque á educación na Mariña. A Unión Comarcal de Comisiones Obreras Alertan dixo  ademáis que habería negativas consecuencias para os profesores, que pasarán a suprimidos ou desplazados, asi como o personal laboral e do comedor. Tamén a Asociación de Empresarios e Comerciantes se amosou contraria a esta decisión e transmitiu o seu apoio ó centro e a dirección do IES de Foz.
Dende a dirección do centro de formación din que é fundamental que se conceda este ciclo para poder abrir unha preinscripción e comprobar así se haberá os estudantes necesarios, e en caso de o quorum sexa suficiente comezar a impartilo. Se se mantén esta decisión isto suporá que o IES de Foz sera o único da comarca que se queda sin ningún ciclo superior de FP e o único de Galicia donde se imparte cocina que queda sin ese ciclo superior. Todo o Claustro considera que esta medida non ten xustificación.

Sociedade