ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) celebrará a súa Asemblea Xeral ordinaria o vindeiro venres 16 de abril no Salón de Actos da casa da Cultura de Vilalba. A primeira convocatoria terá lugar ás 20.15 horas, mentres que a segunda comezará quince minutos mais tarde. Os principais temas a abordar serán as actividades a realizar este ano, o estado das contas e o orzamento desta institución cultural chairega.
A orde do día comprende sete puntos, nos que se tratarán a aprobación da acta da anterior asemblea, a Memoria de Actividades do 2009, o plano de Actividades para o 2010, o estado das contas e o balance económico do ano 2009; o presuposto do 2010, as propostas da Xunta Directiva e os rogos e preguntas que poidan xurdir.
Cea X aniversario
O IESCHA conmemorará a súa primeira década de vida cunha cea que terá lugar ao remate da Asemblea nun restaurante de Vilalba. Aqueles que queiran asistir deberán comunicalo antes do luns 12 de abril, ben mediante un correo electrónico enviado á dirección info@iescha.org; ou ben chamando aos teléfonos 639 246 459 e 651 361 628, ou comunicándollo de forma directa a calquera membro do IESCHA.