O IESCHA organiza unha conferencia de Mª Pilar García Negro como parte das súas xornadas sobre as Letras Galegas 2009

O IESCHA organiza unha conferencia de Mª Pilar García Negro como parte das súas xornadas sobre as Letras Galegas 2009

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Como parte dos actos previstos polo Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) de Vilalba para a celebración do mes das Letras Galegas 2009 programouse un ciclo de conferencias que será inaugurado polo relatorio “O idioma galego hoxe: evidencias e necesidades”, da escritora Mª Pilar García Negro. O evento terá lugar o vindeiro venres 8 de maio, ás 20.30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura e será presentado

A segunda das conferencias terá lugar o día 29 de maio e correrá a cargo do escritor vilalbés Antón Baamonde, que tratará a figura homenaxeada neste ano nas Letras Galegas: Ramón Piñeiro.

 

María Pilar García Negro estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Publicou a sección O idioma no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle Leccións de Literatura e de Lingua con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.

Esta escritora interviu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés. Ademais foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988) e deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003.

Cultura