O IESCHA viaxará a Santiago na defensa da lingua

O IESCHA viaxará a Santiago na defensa da lingua

13 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba (IESCHA), organizará unha viaxe a Santiago de Compostela para asistir á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do galego, que terá lugar o domingo, día 17 de maio.

A saída de Vilalba, está programada para o propio domingo, ás 9.30 horas, desde a Casa da Cultura, estando prevista a hora do regreso de Santiago para as 17 horas do mesmo día. O prezo do autobús será de 5 € para os socios do IESCHA, e 10 € para os non socios. Para os menores, que deberán de ir acompañados, será de balde. As inscricións poderanse facer directamente con calquera membro da Xunta Directiva do IESCHA, ou ben chamando aos teléfonos 639-246459 ou 651-361628, ata mañá, xoves 14 de maio. Para este mesmo acto o IESCHA deseñou unhas camisetas co lema “Fala galego, non sexas pailán”, que tamén se poden adquirir.

Cultura