O IGVS entregará mañá 5 VPP en A Pastoriza

O IGVS entregará mañá 5 VPP en A Pastoriza

04 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Instituto Galego da Vivenda e Solo entregará mañá, 5 de maio, cinco vivendas de promoción pública (VPP) construídas no concello lucense de A Pastoriza. Estas vivendas quedaron vacantes da anterior entrega que levaron a cabo Cosme Pombo, delegado da Consellería de Vivenda do Bipartito e Elba Carreira, primeira tenente de alcalde deste municipio chairego. O acto levarase a cabo nun acto no salón de plenos do concello.

As vivendas corresponden a cinco vacantes existentes no grupo de 10 VPP construídas en Bretoña, na rúa Domnino López García, en cuxa construción o IGVS investiu un total de 692.465,74 euros. O réxime de adxudicación de 2 vivendas é o de aluguer e o de 3 vivendas é o de compravenda.

Catro das vivendas dispoñen de tres dormitorios e superficie útiles entre 80 e 83 metros cadrados, mentres que a quinta vivenda é de catro dormitorios, cunha superficie útil de 90 metros cadrados.

O prezo das vivendas adxudicadas en compra vai desde os 46.121,99 euros a máis barata ata 53.811,58 euros a máis cara. O alugueiro mensual está en 98,83 e 101,14 euros.

Sociedade