O II Festival de podcast xa ten data

O II Festival de podcast xa ten data
11 de Abril, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O segundo festival de podcast de Galicia, organizado polas Emisoras Municipais Galegas, xa ten data. Celebraráse o 12 e 13 de xuño de 2026 no Círculo de Perlío, en Fene. Ademais da presentación de moitos e moi variados podcast que están a realizarse en Galicia, haberá unha nova edición do Concurso de podcast que contará con premios ao Mellor guión, valorando a escritura destacada na estructura e narrativa do podcast., á Mellor producción, igualmente concederáse premio ao Mellor deseño sonoro, e outros moitos premios que se debullarán nas bases que se publicarán na web festivaldepodcast.gal o vindeiro martes 14 de abril.

Fotografía Xan Xe

Desde esa data poderás enviar o teu podcast para participar e inscribirse na páxina web festivaldepodcast.gal

Novos modelos

O I Festival de podcast de Galicia celebrouse o 21 e 22 de novembro de 2026 na asociación O Pote de Maniños (Fene) contando coa colaboración do Concello de Fene e da Deputación da Coruña. Constituiu un éxito de participación e de público. O autor do libro “Podcasting, nuevos modelos de distribución para los contenidos sonoros” e profesor da Universidade Carlos III de Madrid Juan Ignacio Gallego foi un dos participantes no evento. O grupo “Merlín e familia” dirixido por Eugenia Sanmartín presentou en directo un episodio de “Matar as horas de nostalxia.Podcastelao” elaborado a partir da obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse”. O escritor e activista cultural Xurxo Souto clausurou o evento. 

 

Imaxe do I Festival de podcast de Galicia. 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora