ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Artestudio Xestión Cultura e a Compañía Entremans organizan o Festival Empape, unha cita Internacional de Danza para impulsar o desenvolvemento cultural da cidade de A Coruña. O festival, que chega este ano a súa III edición, supón un punto de encontro e un intercambio de experiencias entre artistas e espectadores. Os seus obxectivos son sacar a danza a espazos urbanos, tomar prestados lugares da cidade herculina, xogando coa arquitectura e a relación
“Podemos demostrar que a danza é accesible a todos os públicos. O problema está no seu descoñecemento” afirmou en Radiofusión Estefanía Vázquez de Artestudio. Con esta fin sacan, estes tres días, a danza á rúa para que a xente se tropecé e “se empape” dela. O nome do festival, Empape, fai referenza ás características de A Coruña, pola súa choiva e por estar rodeada de auga.
O encontro internacional de danza en paisaxes urbanas (Empape) inaugúrase mañá, ás sete e media da tarde, na Praza de María Pita, coa Compañía Integrada Multidisciplinar de Portugal. Destaca a participación, ao longo do festival, da compañía Entremans, a formación Produccións L.A, a Agrupación Nova Galega de Danza, a bailarina cubana Maura Morales e o Rootlessroot de Grecia.”Queremos que haxa propostas de todo tipo con pezas curtas de oito ata quince minutos", precisou Vázquez.
O festival complementarase con actividades paralelas como talleres de afrocontemporáneo, talleres de chan e ensaios abertos. As montaxes coreográficas trasladaranse desde os seus espazos habituais, como teatros e auditorios, a escenarios tan suxerentes como a Praza de María Pita, o Castelo de San Antón, a Torre de Hércules, a estatua de Breogán ou os xardíns do Palacio Municipal.