O imperio dos zares

O imperio dos zares
13 de Setembro, 2023 - 08:16 h. | Publicada por Radio Fene

A música dos Zares volve este sábado a San Valentín. Tamén tocará o grupo local Sintrom ni son. Arrufarán a sexta festa do langostino o sábado á unha e media do mediodía. É precisa a reserva previa no bar o Centro antes de mañá xoves. 

Fotografía Maite Martínez Prieto

Os Zares naceron en 1967. Presentáronse oficialmente nas festas dos Pazos de Neda o 15 de maio de 1968. Reapareceron en 2005 na Sociedade Agarimo de Sillobre. Desde aquela, actúan en eventos solidarios coas cancións que fixeron bailar á comarca na década dos setenta, pero que volve conectar coa rapazada. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora