ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un punto máis sumou a S.D. Barallobre tras o partido disputado fronte ao Mandiá no campo do Ramo. O empate permite que sume catorce puntos colocándose na décima posición da clasificación da Segunda Galicia de fútbol. "Calquera dos dous equipos puido levarse a vitoria. O Mandiá saíu máis enchufado, pero nós subimos as liñas de presión, fechamos ao Mandiá no seu campo e creamos ocasións" manifesta o adestrador do Barallobre Óscar Varela.
Diego roubou un balón no medio do campo, combina con Javi e en acción individual logra o tanto do Barallobre. Nos últimos minutos un balón largo, controla un dianteiro do Mandiá e en tiro cruzado empata. Xa ao remate unha ocasión do Barallobre na que remata Javi e o balón sae lambendo o longueiro. "Perdemos dous puntos, porque puidemos lograr a vitoria, pero o importante é continuar sumando" subliña Varela.
Fotografía: Xan Xe Corral
Publica o teu comentario agora