ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O impresionante directo de Lamatumbá chega á Coruña. Anuncian a presentación de “A órbita da banda hipnótica”, un foguete cargado con quince novas cancións, quece estrelas de festa, quince soles de amores.
Quince satélites en pé de verbena, máis tamén algún que outro burato negro de carraxe donde botar todo aquilo que continua a facer mal. Tras unha extensa xira co seu anterior traballo, “Paraugas Universal”, que os levou a tocar por toda España, Portugal, Francia e Alemania, agora voltan coas pilas máis cargadas que nuncia para poñer en órbita o seu novo traballo.
Lamatumbá con Loretta Martin tocarán o vindeiro venres 25 de febreiro na sala O Tunel, nos baixos do Coliseum, na avenida Alfonso Molina da Coruña. As dez da noite abriránse as portas e as dez e media comezará o concerto. O prezo da entrada ascende a 10 euros na billeteira, 8 euros en anticipada na Taquilla Central da Praza de Ourense, en Discos Portobello e en Servinova.