ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Andrés Dobarro reivindicase pola súa modernidade e o labor pioneiro na fusión da música popular co pop. Morre moi novo con 42 anos. Ainda tiña moitas cousas por entregar, segundo o seu biógrafo Fernando Fernandez Rego.

Fernando Fernández Rego lanza Andrés do Barro, a xénese do Pop en galego (Galaxia), obra que reivindica ao músico ferrolán como o artífice do pop na nosa lingua e suxire dedicarlle o Día das Letras Galegas. O libro destaca o fito histórico de acadar catro número un nas listas estatais entre 1969 e 1972, (O tren, Corpiño xeitoso, San Antón e Pandeirada) competindo con artistas internacionais pese á censura da ditadura, que burlou cantando O tren simulando que empregaba o idioma portugués.
En 2020 descubriuse un master con cancións inéditas do autor de O tren. Máis alá dos seus grandes éxitos hai un Andrés Dobarro descoñecido para o gran público.
Andrés do Barro (Ferrol 1947-Madrid 1989) marcou un fito histórico entre 1969 e 1972 ao situar catro cancións en galego no número un das listas de vendas españolas, converténdose na primeira icona pop da cultura galega en plena ditadura. O escritor Fernando Fernández Rego destaca no seu novo libro este éxito sen parangón, que superou a división da época entre a canción política de Voces Ceibes e o folclore oficial para lograr un recoñecemento masivo.
Publica o teu comentario agora