O indiano e a arquitectura

O indiano e a arquitectura
03 de Outubro, 2020 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

A arquitectura galega non pode entenderse sen a presencia da figura do indiano. O conxunto é o resultado da corrente de ideas de ida e volta, dende os centros de creación europea a América, regresando a través da emigración a Galicia. Aquí os trazos coloniais mestúranse con outros autóctonos, empréganse todos os estilos posibles do momento, xunto á arquitectura tradicional galega. Prodúcense grandes intervencións edificatorias á vez que pequenas reformas.

Chalé do Areal. Cabanas

Ares, Cabanas, Fene e Mugardos constitúen unha unidade territorial e social claramente diferenciada, na que son abundantes os vestixios deixados por esta relación transoceánica, segundo reflicten os arquitectos Carlos Ardá e Bernardo Anatol no seu libro “Indianos” (COAG.Fene, 2000)

Cultura

Publica o teu comentario agora