O inferno do manicomio de Conxo (e II)

O inferno do manicomio de Conxo (e II)

04 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

En 1972 residian no Manicomio de Conxo 1765 tolos. Poucos anos máis tarde (1976) un colectivo de traballadores denuncia as terapias represivas, unidades pechadas, reixas nas ventás dos cuartos e en xeral o mal estado do hospital.

Entre 1930 e 1936 un equipo de médicos novos intenta levar a cabo unha transformación, pero en plena etapa de denuncia foron espulsados. Por estes anos, amáis dos médicos, foron despedidos uns 50 toleiros, despois de entrar as forzas da orde no interior do manicomio. En 1933 os traballadores de Conxo asinan un manifesto dirixido á opinión pública reclamando unha atención psiquiátrica máis humanizada.

A dictadura non permite preocuparse por Conxo que quedará durante moitos anos cun soio siquiatra, e máis de 1000 internos. O poder do manicomio estaba realmente nas maos do administrador, que case sempre remataba enfrentado coa dirección. En 1966, por exemplo, habia 1.500 internos e traballaba en Conxo menos de medio siquiatra. En realidade había 2 siquiatras pero que lle adicaban ao sanatorio cada un, unha hora en media diaria, segundo relata Emilio González no seu libro “A siquiatria en Galicia”.
A base asistencial estaba formada polos enfermeiros, cuidadores ou toleiros, que en Conxo recibian o singular nome de camareiros, denominación que lles viña dada polo papel de criados que desempeñaban cos “tolos” ricos. Era xente de poucos recuros, procedentes a maioria do barrio de Conxo. Coma sempre estiveron mal pagados, tiñan que compaxinar o manicomio con outro traballo.
A ración alimenticia sempre foi escasísima, excepto para os tolos de pago. Amais de escasa era de moi pouco valor nutritivo. Nos anos 40 comian ratas e todo o que pillaban. Ainda en 1972 ian comer o caldeiro dos ranchos. Os máis espabilados roubábanlle a comida aos tontos, que remataban tuberculosos. Cando se iniciaron reunións de sala, non pedian liberdade, senón comida.

Nunha porta, que comunicaba o departamento de homes co de mulleres –sempre atrancada- facían pequenos buratos e ás sestas, que era cando menos vixiancia había, algunha tola facía streaptease, mentres os tolos ollaban polo burato. Por baixo da porta, os homes iban botando moedas; segun a cantidade, así era o destape. Unha peseta permitía ver un peito, un peso, ... todo. Ao mesmo tempo, esto servía de revulsivo para que os homes se excitasen e pudesen máis arde, dedicarse ás prácticas homosexuais ou masturbatorias.

O incendio desatado en xullo de 1976 que provoca a morte de 7 internos evidencia a situación de abandono na que se atopaba o psiquiátrico. Acelérase dende entón o cambio no modelo asistencial, reducindo as accións custodiais para explorar alternativas terapeúticas máis sociodinámicas. As modificacións adquiren xa un carácter irreversible, cando en 1993 se transfiren todos os servizos asistenciais da Fundación Pública Sanatorio Psiquiátrico de Conxo ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Sociedade