O inferno do manicomio de Conxo (I)

O inferno do manicomio de Conxo (I)

03 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O sanatorio psiquiátrico ou manicomio de Conxo en Santiago de Compostela (A Coruña) funcionou como un auténtico inferno entre 1920 e 1976. A atención médica era escasa e os administradores e os equipos directivos fixeron negocio empregando aos tolos como man de obra barata, e sustraendo parte dos pagos que para o mantenemento dos enfermos realizaban as Deputacións, outras institucións públicas ou as familias.

A Igrexa compostelá participa de xeito decisivo para a instalación do Manicomio en Conxo en 1885. De feito o seu primeiro interno será un crego. O manicomio ten un director médico, un administrador, unha ducia de toleiros e algunhas monxas da Caridade. O ingreso de tolos aumenta progresivamente e, en consecuencia, o manicomio faise pequeno. Acometese a ampliación con novos pavillóns.

A estancia dos tolos en Conxo pagábanna as Diputacións, en outros casos algunha institución pública, e nos menos, as familias. Como todos os internos tiñan que pagar, chegáse pronto a unha situación económica beneficiosa debido a que non gastaban cos tolos a asignación percibida.

Nos primeiros anos de funcionamento, Conxo ten un nivel asistencial aceptable que comenzará a decaer coa entrada dos acionistas. Podemos supoñer que nas primeiras décadas, con don Timoteo Sánchez Freire como director, non existe masificación e os psiquiatras amosan un interese por novas técnicas e novos tratamentos para combater as doenzas.

Pero axiña o manicomio da beneficios, segundo se comproba por exemplo, nos libros de actas dos anos 1889, 1890 e 1891.

O descubrimento de Conxo como negocio complica a situación do tolo galego. Na década 1920 – 1930 a situación do hospital psiquiátrico chega a uns niveis de deterioro realmente alarmantes. Para máis de 1.500 tolos, só traballa 1 psiquiatra que atende entre 2 e 3 horas diarias. Tanto na Segunda República, como nas postrimerías do franquismo, parte do persoal do sanatorio psiquiátrico denuncia diante da opinión pública esa situación. (Continuará)

Sociedade