O insólito caso de Antón Fraguas

Contacontos e taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas”
10 de Xuño, 2019 - 10:09 h. | Publicada por Radio Fene

A Biblioteca Pública Municipal de Fene “Xosemaría Pérez Parallé” acolle esta tarde o contacontos e taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas”, a cargo de Enrique Mauricio e Carlos Taboada.

A Biblioteca Pública Municipal de Fene “Xosemaría Pérez Parallé” acolle esta tarde o contacontos e taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas”, a cargo de Enrique Mauricio e Carlos Taboada (Polo Correo do Vento). A actividade, que dará comezo ás 18,30 horas, rinde homenaxe á figura de Antón Fraguas, historiador e etnólogo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019. O contacontos narra a historia misturada coa realización dun mural no que participarán todas as persoas que asistan, para dar a coñecer a vida e obra de Antón Fraguas. Diríxese ao público infantil a partir de 3 anos. A actividade é de balde, pero será necesaria inscrición previa porque as prazas son limitadas.

Banda deseñada

O personaxe creado polo Correo do Vento, o colectivo autoral que conforman Carlos Taboada e Enrique Mauricio, vive unha nova aventura. Lela Edicións sacou o segundo título da colección que protagoniza esta rapariga que investiga unha serie de misterios relacionados con Pontevedra e, neste caso, co persoeiro ao que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano, Antón Fraguas. A primeira aventura da detective Peregrina publicada foi "A detective Peregrina e o misterio do torque" e estaba relacionada co Museo de Pontevedra". "Agora, aproveitando que Antón Fraguas é o autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas decidiron adicarlle este segundo título da serie". "A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas" é un volume de banda deseñada "que conta a historia dunha vila na que comezan a desaparecer os oficios tradicionais. O que fará Peregrina será tratar de recuperalos. Porque a detective é unha entusiasta da cultura galega e o día que descobre a obra de Fraguas cambia a súa vida".

Cultura

Publica o teu comentario agora