O inspector debe investigar outro caso

O inspector debe investigar tamén outro caso
07 de Outubro, 2021 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

Franki Muíño fai o papel de Xosé Sánchez Pereiro, o inspector xefe encargado de resolver o crime de Paloma Bieito. Neste capítulo, o inspector Pereiro reencóntrase, como tantas veces, con Sara, a veciña de Vila Cruz da casa do lado, amiga da nenez, noiva da xuventude e amante da madurez, que lle pide que pescude pola súa conta sobre o caso de Xulio, o seu marido, morto accidentalmente dun tiro no abdome por un dos seus compañeiros de cazaría.

ESCOITA O PODCAST:
Franki Muiño encarna ao inspector Pereiro no podcast "Os incurábeis"

Por que Sara sospeita que a morte do seu home non foi accidental? Terán algunha relación as mortes de Xulio e de Paloma?  

Cultura

Publica o teu comentario agora