O investimento extranxeiro baixa en Galicia

O investimento extranxeiro baixa en Galicia
04 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

O investimento estranxeiro en Galicia baixou un 22,9% en 2022 en relación co ano anterior, de xeito que se situou en 172 millóns de euros, o que representa o 0,5% do total, segundo os datos do Ministerio de Industria. Foi a terceira comunidade autónoma pola cola en captación de fondos foráneos.

Outlet en Fene. Setembro 2022

En conxunto no estado español superáronse os 34.000 millóns de euros, o que significa a segunda maior cifra alcanzada desde que se teñen datos rexistrados (1993). Só Cantabria e Estremadura captaron menos fondos que Galicia. Por exemplo a Rioxa captou 178 millóns de euros. Por sectores, máis da metade do total do investimento estranxeiro en España (55,1%) dirixiuse ao sector servizos, seguido do sector industria (42,2%) e, posteriormente, pola construción (2,5%) e o sector primario (0,2%), segundo o Rexistro de Investimentos Estranxeiros DataInvex da Secretaría de Estado de Comercio, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.Fontes ministeriais valoraron moi positivamente as cifras, ainda máis cando se producen nun contexto internacional marcado pola inflación e pola guerra de Ucraína. 

 

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora