ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Continúa o ciclo Out Jazz no Teatro Jofre de Ferrol. Mañá sábado 17 de outubro actuará o batería con maior proxección do panorama jazzístico nacional, Marc Ayza. O concerto celebrarase ás oito e media do serán. O custe da entrada é de 10 euros. O barcelonés tamén actúa hoxe no Torrente Ballester ás dez da noite no Jam Session. A entrada é de balde.
Dende que comezou a súa carreira Ayza formou parte de innumerables grupos. Agora preséntasenos co seu propio proxecto e con novo disco “Offering”, grabado en Nova Yorke. O seu groove é poderoso pero á vez sutil e suxerente e, o seu estilo fusiona o jazz coas influenzas que leva dentro dende a súa tenra infancia. Estas van dende Marvin Gaye a Stevie Wonder e Gil Scott-Heron ou ao hip hop máis innovador.