O Jorge Juan coa alimentación saudable

O Jorge Juan coa alimentación saudable

11 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O colexio Jorge Juan de Perlío prepara a súa cita anual co Mercadillo e a carreira solidaria que celebran o sabado 21 de maio no propio centro. O motivo este ano é a alimentación saudable. Por iso os fondos que se recaden no mercadillo destinaranse a asociacións relacionadas con este tema, segundo a profesora do centro Cristina Rodríguez.
O centro abrirá as portas o sabado 21 ás 10 da mañá.

Nos postos de venda atoparemos de todo e na carreira poderán participar os membros da comunidade escolar e persoas de fora que desexen facelo . A carreira sairá ás 10,30. Contémplanse tres bos premios, cedidos por casas comerciais que se sortearán entre os participantes. A estancia nun Spa, unha camiseta do Depor ou un vale para un taller de coches.

O alumnado dos ciclos de infantil e primaria pintou cadros que tamén se sortearán na cita, na que non faltarán actividades paralelas como zumba ou karate. Antes deste día na Jorge Juan traballaron nas aulas e organizaron charlas relacionadas co lema central, sobre a alimentación saudable, segundo a profesora Rodriguez. 

Sociedade