O Juan Carlos I saiu a probas de mar

O Juan Carlos I saiu a probas de mar

24 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O buque de proxección estratéxica Juan Carlos I (L61) saiu esta mañá a probas de mar. As sete e media da mañá comezou a solta de amarras e as maniobras previas á saida do buque dos peiraos de Navantia Ferrol. As oito xa saia pola boca da ría entre os castelos de San Felipe e da Palma. A compañía pública poñerá a proba o comportamento do buque no mar.

As probas de mar do Juan Carlos I prolongaránse por 5 dias. A bordo do navío van unhas 350 persoas, tanto do persoal directo como indirecto. Tamén participa persoal da Marina que compoñerá a tripulación do buque. O acto da entrega á Armada fixaráse unha vez finalicen as probas pero calcúlase con realizalo a comezos de xuño. A axenda da ministra de Defensa Carme Chacón e os compromisos do rei Juan Carlos condicionan a data da entrega. Tanto a antiga Bazan como a Armada queren darlle o maior realce á recepción deste buque que se comezou a construir en maio do 2005.

 

Trátase do maior e máis versatil dos buques das Forzas Armadas. O buque de proxección estratéxica custou 300 millóns de euros e conta cunhas dimensións de 230 metros de eslora e 32 metros. A altura alcanza os 27,5 metros. 243 efectivos compoñen a súa dotación, ainda que é quen de transportar a 1443 persoas. Alberga ata 20 helicopteros pesados e 12 lixeiros e camións de ata 20 toneladas de peso.

Sociedade