ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os valores e o respecto aos compañeiros é algo que se traballa nas clases de judo. Inícianse na actividade deportiva a través do xogo. Bruno Carrodeguas, Alba Bollo e June Moreno son algúns dos practicantes de Fene e da comarca máis destacados desta arte marcial. A escola judo Fene conta con cincuenta ou sesenta nenos e nenas. O judo agarra e fai traballo no chan a diferencia de outras artes marciais.

As escolas de judo impartiranse para rapazada de catro anos en diante, luns e mércores de cinco e media a seis e media da tarde. Para todas as idades, con experiencia previa, luns, mércores e venres de seis e media a sete e media. Nos dous casos no ximnasio do Museo do Humor de Fene. Para matricularse nas escolas deportivas o prazo ábrese entre o 12 e o 17 de setembro. Pero haberá que solicitar cita previa por teléfono residentes en Fene o martes e mércores da próxima semana e poboación en xeral o xoves. En Galicia hai máis de 9.000 licencias de judo e na comarca rózanse as 600. Volvese ás cifras de antes da pandemia do coronavirus, segundo o monitor Alberto Castro.
Publica o teu comentario agora