O Karnyx chamaba ás tropas á batalla

O Karnyx chamaba ás tropas á batalla

07 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O Karnyx, instrumento de 3.000 anos de antigüidade, volverá soar no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo. Será durante o concerto que ofrecerá o conxunto lucense Yukhnevich&Cupeiro este xoves, ás 20:30 horas, no Pavillón 4 do CENTRAD. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. Este músicos teñen iniciado unha campaña de crowfounding para gravar un disco e realizar unha curtametraxe sobre a historia da ca

O Pavillón 4 do CENTRAD acollerá este xoves, a partires das 20:30 horas, un concerto a cargo do grupo lucense Yukhnevich&Cupeiro, no que empregarán instrumentos pouco habituais, como o cornetto ou a gaita irlandesa. De calquera xeito, o instrumento que máis chamará a atención dos asistentes será o Karnyx, un espectacular instrumento de vento semellante a unha trompeta, propio da Idade de Bronce celta, que adoitaba ser empregado para chamar ás tropas á batalla e intimidar ó inimigo. As primeiras referencias a este instrumento, que voltará a soar no Centro de Artesanía e Deseño, data do 300 A.C.

Vadzim Yukhnevich e Abraham Cupeiro interpretarán versións de obras clásicas, como a Aria de la suite en Re, de Bach ou Oviblion, de Piazzola, xunto con outras composicións orixinais compostas por eles mesmos.

Ambos músicos teñen posto en marcha unha campaña de crowfounding, isto é, financiada por numerosos mecenas anónimos que contribúen desinteresadamente ó proxecto, destinada á gravación dun disco no que empregarán ditos instrumentos, así como unha curtametraxe sobre a historia da caza de baleas en Galicia, no que o Karnyx terá un papel relevante. Ata o momento levan recaado 150 euros dos 2.500 que precisan para levar a cabo este proxecto.

O recital, que dará comezo ás 20:30 horas, é de entrada gratuíta e libre ata completar aforo.

Sociedade