O Kiosko Alfonso saca do esquecemento ao pintor galego César Otero

O Kiosko Alfonso saca do esquecemento ao pintor galego César Otero

01 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Unha ollada á árbore da vida”, este é o título dunha mostra que vén de inaugurarse no Kiosko Alfonso da Coruña. A exposición amósanos 68 das obras máis destacadas do pintor coruñés César Otero, “un home moi coñecido no medio pictórico, pe

“Unha ollada á árbore da vida” está estruturada ao redor das tres décadas de produción de César Otero, cun especial interese pola pintura, pero sen esquecer a súa importante obra sobre papel. Os visitantes da exposición poderán admirar desde as súas primeiras pezas, expresionistas e sociais; os seus escasos cadros abstractos pintados en Marrocos, as súas soadas mulleres sentadas, as súas obras tan influídas pola Escola de Londres, as súas paisaxes da Costa da Morte, os seus retratos ou os seus collages. As pezas que se amosan na exposición proceden de diferentes coleccións privadas e dos fondos do Concello.

A mostra poderá visitarse de luns a domingo, en horario de doce do mediodía a dúas da tarde, e de seis a nove da noite.

Cultura