O kiwi necesita poda

O kiwi necesita poda
12 de Maio, 2025 - 12:53 h. | Publicada por Radio Fene

As pólas que dan froito dos kiwis hai que podalas anualmente, segundo o agricultor Luís Pena. Para a plantación desta arbore orixinaria da China diferenciase entre o macho (tomuri) e a femia (hayward). 

ESCOITA O PODCAST:

Requírese poñer pedras na base para que faga de drenaxe en caso de moita auga. Recoméndase podar en cuarto minguante, especialmente naquelas plantas con exceso de vigor. Con todo, se o que se quere é estimular o crecemento vexetativo recórrese a podala no cuarto crecente. A época ideal para podar os kiwis é no inverno, cando as plantas están en repouso. Isto permite unha mellor visúalización da estrutura do viñedo e minimiza os danos ás xemas que producirán froito. O kiwi, unha froita que tamén se da moi ben na nosa comarca.

 

Imaxe: maceiras en flor

Sociedade

Publica o teu comentario agora