O Kugira volve ao porto exterior de Ferrol

O Kugira volve ao porto exterior de Ferrol

03 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O dique flotante Kugira Acciona abandonou as seis desta mañá as instalacións de Navantia Fene con destino ao porto exterior de Caneliñas. A monumental estructura permaneceu durante 20 dias no estaleiro realizando unha reparación dunha via de auga causada polo temporal de finais de xaneiro. Unha vez rematado o traballo, o Kugira retornou á zona do peirao exterior, para seguir alí co seu traballo de construcción de diques.

O dique flotante caixonero Kugira construiu tamén a ampliación do porto de Algeciras. Posue o record mundial de construir o maior caixón para dique de abrigo exento. As dimensións dos caixóns son 68 metros de eslora, 25 de manga e 34 de puntal. Construiense a un ritmo de 12 dias/caixón e empreganse 9.500 metros cúbicos de formigón e un millón de quilogramos de aceiro.

Sociedade