O líder segue sen perder

O líder segue sen perder
16 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“O Perlío competiu, pero custounos moito crear ocasións”. 0-3 gañou nos Pinares o Sporting Burgo, líder do grupo na Terceira Galicia de fútbol feminino. Carlos Carballo, Vinki, adestrador do Perlío feminino comenta o partido en Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

“As rapazas fixeron un esforzo nun partido moi complicado”, tal como se prevía. Fronte a un rival que “na primeira volta non perderon, so cedeu dous empates”. “Un equipo moi rochoso, difícil de atacar, futbolísticamente houbo equipos que me gustaron máis, pero defensivamente é moi complicado facerlle ocasións”, explica o técnico. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora