O labor de Aspaneps

O labor de Aspaneps
08 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Terceiras Xornadas de Portas abertas no Centro Ocupacional de Aspaneps no concello de Fene. O mércores día 16 de abril, entre as once da mañá e a unha do mediodía. Falamos desta apertura de portas e do labor de Aspaneps no seu Centro Ocupacional coa monitora Nuria Merlán e a traballadora social Mar Novo.

ESCOITA O PODCAST:

O Centro Ocupacional de Aspaneps en Perlío convida á cidadanía a coñecer as súas instalacións e as actividades que realizan nunha nova Xornada de Portas abertas. Poderemos comprobar as actividades e os produtos que fan e comercializan os 24 usuarios procedentes de distintos lugares da comarca e con idades comprendidas entre 21 e 59 anos. Traballan a serigrafía e o plástico para facer produtos como bolsas ou bisutería. Teñen obradoiros de cociña creativa e estimulación cognitiva. Tamén fan compost e cultivan unha horta. As persoas que se acheguen ao Centro, situado na rúa do Castro, número 5, terán ocasión de intercambiar esquexes e sementes. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora