O lacón a desalar

O lacón a desalar

09 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Múltiples actividades rodearán a Festa do Lacón con Grelos que esta fin de semana se celebra en Mesón do Bento (Ordes A Coruña). Ademáis da degustación do gorentoso prato nos establecementos da zona, prepárase tamén unha concentración de motos que todos os anos reune a pilotos dos máis variados recunchos de Galicia.

Así no recinto feiral de Mesón do Bento os asistentes poderán disfrutar de exposicións de gando de razas autóctonas e exposicións de maquinaria, dun desfile de comparsas con concurso de disfraces con preto de 2.000 euros en premios para nenos e maiores, unha concentración cabalar con concursos de diferentes modalidades para os mellores cabalos, degustación gratuíta de lacón con grelos nos establecementos da zona e unha concentración moteira. Ademais o evento contará tamén cunha homenaxe coa que o Concello quere recoñecer o traballo de Ramiro Martínez García, presidente da Asociación de Veciños de Mesón do Bento.

Sociedade