O lecer das augas, exposición en As Pontes

O lecer das augas, exposición en As Pontes

04 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A sala de exposicións Mercado Vello das Pontes de García Rodríguez acolle mañá mércores, ás 12:00 horas, a inauguración da mostra “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”.  Esta exposición itinerante, que permanecerá na localidade ata o vindeiro 23 de outubro, está a percorrer as principais cidades galegas para dar a coñecer a evolución dos establecementos termais en Galicia ao long

Ata o momento xa pasou pola illa da Toxa, Santiago de Compostela, Ourense e Tui. Á inauguración asistirán o alcalde do Concello das Pontes, Valentín González; o presidente da Cámara Mineira de Galicia, Francisco Aréchaga; e o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor.

Durante o acto presentarase tamén o libro homónimo da exposición: “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”. Unha investigación sobre a historia dos balnearios galegos, entre os anos 1700 e 1936. O estudo, de máis de 1.000 páxinas, adaptouno para a súa publicación a editorial Galaxia.

Sociedade