O lecer de Isolino, de Xaquín Marín, en libro

O lecer de Isolino, de Xaquín Marín, en libro

16 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O debuxante Xaquín Marín publica novo libro. O protagonista é Isolino, o xubilado que cada día analiza, cunha única frase, o sentir dos galegos sobre os tempos que corren no país.


Ese personaxe co que amorzamos cada día, abandona o xornal e covírtese en protagonista deste libro que edita Embora. “O lecer de Isolino” preséntase o venres 20 na Galería Sargadelos de Ferrol. Marín ten acadado dentro do humorismo gráfico un estilo propio e inconfundible. Os seus personaxes danlle unha volta ao que ven os demais. Isolino non é unha excepción.   

Sociedade