O legado romano de Lugo será analizado mañá no Museo Provincial

O legado romano de Lugo será analizado mañá no Museo Provincial

13 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Especialistas no mundo da arqueoloxía analizarán o legado romano na cidade de Lugo nunha mesa redonda organizada polo Museo Provincial da cidade das murallas. O acto se celebrará mañá, contra as 19.00 horas, na Sala de Conferencias do mesmo edifico lugués. A entrada será de balde.

Así, “O pasado romano de Lugo como factor dinamizador do Lugo de hoxe” contará coa participación de Gerardo Pereira Menaut, Catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela; Manuel A. Rabanal Alonso, Catedrático de Historia Antiga da Universidade de León; Juan Santos Yanguas, Catedrático de Historia Antiga da Universidade do País Vasco; Manuel Villanueva Acuña, Profesor de Historia Antiga da Universidade de Santiago; Mª Dolores Dopico Caínzos, Profesora de Historia Antiaga da Facultade de Humanidades de Lugo; Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo e Felipe Arias Vilas, Director do Museo do Castro de Viladonga.

Cultura