O leite reacciona

O leite reacciona

17 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Tras un proceso de asembleas en todas as comarcas leiteiras da Galiza, o Sindicato Labrego Galego elixiu ás persoas que integrarán a nova Dirección Nacional do Leite, que se presentará en sociedade mañá, venres 18 de marzo, en Ordes (A Coruña), nun congreso no que deberá elixir ás persoas que, a partir de entón, coordinen este sector no SLG. Ademais, tamén se debaterá un relatorio no que se marcarán a

O Sindicato analisará as perspectivas dun sector leiteiro preocupado polos baixos prezos e polo que califican de "competencia desleal" de leite producido noutros paises sen garantías sanitarias e que se introduce a baixo prezo nas grandes superficies comerciais.

O Congreso do Leite do SLG terá lugar nas instalacións do restaurante Barreiro, en Leira (Ordes) quilómetro 32 da estrada N-550, e ten previsto comezar ás 11:00 horas e clausurarse ás 18:00.  

A orde do día é o seguinte:

10:30.- Recepción de congresistas e entrega da documentación.

11:00.- Benvida ás/aos participantes.

11:15.- Elección da Mesa do Congreso.

11:20.- Presentación da Orde do día do congreso sectorial de vacún de leite e aprobación da mesma.

11:25.- Debate de emendas ao Regulamento do Congreso e aprobación do mesmo.

11:35.- Presentación do Relatorio do Congreso

11:55.- Debate das emendas presentadas ao Relatorio do Congreso de vacún de leite.

14:00.- Xantar

16:00.- Continuación do debate

17:00.- Aprobación do Relatorio do Congreso de vacún de leite do SLG.

17:30.- Presentación da Dirección Sectorial de vacún de leite e elección pola mesma do/a Responsábel e Viceresponsábel de sector.

18:00.- Clausura do congreso.

Sociedade