O LHD Juan Carlos I entregarase á Armada o 29 de xuño

O LHD Juan Carlos I entregarase á Armada o 29 de xuño

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O buque de proxección estratéxica LHD Juan Carlos I que constrúe Navantia Ferrol sairá ás súas segundas probas de mar o vindeiro 28 de maio. Permanecerá 10 dias de navegación para comprobar o funcionamento de toda a tecnoloxia instalada a bordo. A entrega á Armada fixouse para o 29 de xuño.

O Juan Carlos I é o barco de maior porte da historia da Armada española, con preto de 231 metros de eslora e un puntal de 27,5. Na súa silueta destaca a cuberta para o despegue de avións, con doce graos de inclinación, similar á do portaavións "Príncipe de Asturias". Con todo, as capacidades do LHD son maiores.

O buque está deseñado para levar ata 30 aeronaves, desembarcar lanchas polo seu dique inundable e transportar grande cantidade de tropas e vehículos. Ademais, conta cun completo hospital, con dous quirófanos, que o fan útil en misións humanitarias. Arredor de 360 millóns de euros investiu a Armada Española na construcción do LHD. O buque comezou a facerse nos estaleiros da ría de Ferrol en maio de 2007. A botadura celebrouse o 10 de marzo de 2008 e agora dous anos despois formalizaráse a súa entrega.

Sociedade