O LITVI trae a 60 autores de literatura de viaxes a Compostela

O LITVI trae a 60 autores de literatura de viaxes a Compostela

20 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Encontro Internacional de Literatura de Viaxes, o LITVI 2010, arrinca hoxe en Santiago e prolongarase ata o vindeiro domingo.Unha aposta por afondar en todos os eidos que forman e rodean a este xénero literario, de xeito gratuíto e libre para os asistentes. Os lectores e interesados mesturaranse con escritores, libreiros, xornalistas, edi

Así, o programa de actividades conta coa presenza de 60 participantes, aos que hai que engadir os empregados das distintas librarías e editoras con presenza na Feira do Libro de Viaxes, que terá lugar na Alameda de Santiago.

Cafés con autores. Sinaturas e presentacións de libros

Os cafés con ofrecen a oportunidade de compartir mesa, durante unha hora, con Julio Llamazares, Soledad Puértolas, Xavier Queipo, Pere Tobaruela, Cristina Morató, Susana Fortes, Paco Nadal, Javier Reverte e César Antonio Molina.

Os grupos que acompañen a cada escritor serán reducidos e xuntaranse no Café Casino (Rúa do Vilar); e máis no Parador Hostal dos Reis Católicos, (Praza do Obradoiro). Os interesados que queiran participar deben inscribirse no enderezo info@trevisani.es,

Os autores asinarán e presentarán as súas obras na infraestrutura da Alameda.

Feira do Libro de Viaxes. Actividades

O gran lugar de encontro co libro será a instalación na Alameda de Santiago, que gozará de varios espazos abertos. O máis amplo está disposto como un camiño que transcorre entre expositores e stands para a venda e exposición. O éxito da mesma está asegurado coa chegada de librarías especializadas de distintos puntos de España, ademais do decisivo papel das empresas galegas; todos os visitantes da Feira poderán atopar, de seguro, guías e libros do seu interese.

A Alameda converterase en todo un espazo de creación e difusión cheo de sorpresas. Con exposicións, actuacións musicais no serán, obradoiros infantís…

Congreso LITVI 2010 “As literaturas de viaxes”

O Congreso da I edición do Encontro Internacional de Literatura de Viaxes está dedicado a “As literaturas do Camiño”. Celebrarase do 21 ao 23 de xuño no Centro Social Caixanova (Praza de Cervantes). Para inscribirse, cómpre escribir a congresos@trevisani.es.

As súas sesións están abertas a todo o público. Porén, a súa programación foi preparada para profesionais do sector e estudantes de materias análogas.

Conferencias, debates e mesas redondas

Os títulos máis salientables, as diversas olladas e as novidades das literaturas de viaxes serán os protagonistas de conferencias e mesas redondas no Centro Social Caixanova, na Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar) e na instalación da Alameda.

Nelas, o Encontro Internacional de Literatura de Viaxes ofrece a todos os interesados a oportunidade de descubriren cos autores o que agachan as súas guías e libros favoritos.

Cultura