O lobo Ramón en Centieiras

O lobo Ramón en Centieiras
04 de Abril, 2025 - 01:16 h. | Publicada por Radio Fene

A Praza Ramón Souto de Fene acolleu este venres un concerto de música. Actuaron alumnos e alumnas de música do IES de Barallobre e asistiron como público nenos e nenas de Centieiras. Precisamente, a escritora María Canosa visitou o Colexio Centieiras de Perlío. Falou do seu libro titulado “Lobo Ramón”. 

ESCOITA O PODCAST:

Programa "As Crónicas de Centieiras". Marzo 2025.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/040425CENTIEIRAS.mp3

A rapazada visitou na mañá do xoves o estudio de Radio Fene. Gravaron as Crónicas de Centieiras, un podcast no que falan das súas inquedanzas, das actividades que realizan no colexio, das celebración e novas interesantes da escola, e mesmo das súas recomendacións musicais.

Cultura

Publica o teu comentario agora