ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A principios do próximo mes de febreiro Santa Mariña de Augas Santas contará cun local social onde se realizarán actividades de dinamización social e económica. Con cargo ó programa de dotación de servizos e infraestruturas nas parroquias o concello de Allariz está acometendo obras de remodelación e rehabilitación para a recuperación de espazos de uso social e cooperativo.
O ano pasado Allariz contaba con dous locais socias máis en Santa Baia e Roimelo. O local social de Santa Mariña de Augas Santas situado na ábside da Igrexa está practicamente rematado. Este local que substitúe o espazo adicado ás actividades municipais e labores dos veciños/as realizadas antigamente na casa dos mestres, agora derrubada, comezará a funcionar en febreiro.
O local social de Santa Mariña albergará unha programación de dinamización social e económica, recuperando tradicións artesanais como a cestería, artesanato propio da zona, a través dos veciños e veciñas que gardan na súa memoria este oficio. Esta actuación pretenderá dispoñer dun lugar acaído para realizar estas actividades converténdose nun punto de encontro na difusión desta labor artesanal existente en Santa Mariña.
A posta en marcha do novo centro social de Santa mariña de Augas Santas vai favorecer o desenvolvemento de proxectos sociais e tamén económicos relacionados coa artesanía, en concreto coa cestería, xa que esta actividade tivo grande importancia noutro tempo neste territorio.