O local social de Santa Mariña, en Allariz, acolle un obradoiro de recuperación da cestería

O local social de Santa Mariña, en Allariz, acolle un obradoiro de recuperación da cestería

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Tradicións artesanais como a cestería, unha actividade propia do Concello de Allariz, xa contan cunha programación de dinamización social e económica no municipio. O local social de Santa Mariña acolle o traballo da Escola de Cestería que realizará en breve un obradoiro específico sobre esta actividade.

 

A programación inclúe tamén un curso de iniciación e perfeccionamento en cestería en madeira fendida, cestería de bimbio, cestería de colmo e cestería mixta, e tamén obradoiros itinerantes de iniciación á cestería. Se precisas máis información ou queres inscribirte nos cursos podes facelo no teléfono 988 44 00 01.

Se queres saber máis sobre este asunto escoita a nova de Estela, xornalista de Radio Allariz.

Sociedade