ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A práctica totalidade dos escritos de Älvaro Cunqueiro teñen carácter e valor literario" afirma a profesora e especialista no autor mindoniense María Xesús Nogueira. Cunqueiro misturaba mito, lenda e literatura coas paisaxes humanas e a historia.
Alvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911–Vigo, 1981) trasladouse a vivir a Lugo para cursar alí os estudos de bacharelato, uns anos que el definiu como importantes e definitivos no seu proceso de formación. Os 24 escritos de Viaje a Lugo. Páginas sobre la ciudad son moi posteriores a esa estadía en Lugo, é dicir, pertence ao anos 50, 60 e 70 e achégannos unha visión desde a distancia e a nostalxia.
Abre o volume un texto moi singular e tamén moi pouco difundido: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de outubro de 1975, onde fala da romanización da cidade, bautizándoa como “la Roma del Finisterre”. Un texto “erudito e fresco”, que Nogueira cre que sorprenderá ao lector.
A especialista en Cunqueiro asegura que hai catro ciclo temáticos que se repiten nos textos de Viaje a Lugo: a historia romana, a viaxe pola cidade (descrición de Lugo e paseo polas súas rúas e monumentos), mito, lenda e literatura (a lenda de San Froilán), e a paisaxe humana que, segundo Nogueira, “se percibe moi ben en textos que falan da Festa do San Froilán, domingo das mozas ou rito do polbo”.
María Jesús afirma que esta obra é unha oportunidade para coñecer Lugo e un excelente manual para saber da obra, personalidade e influencia que a cidade tivo na obra de Cunqueiro.
Unha selección de textos que Nogueira cualifica de representativa, pero non exhaustiva, xa que a obra xornalística do mindoniense está dispersa, sen recompilar.
A ilustración da cuberta pertence ao pintor lugués Xesús Blas Lourés, ao seu óleo titulado “A miña muralla”.