O máis difícil non é poñerse de pé na táboa

O máis difícil non é poñerse de pé na táboa
27 de Xuño, 2022 - 01:33 h. | Publicada por Radio Fene

Son cada vez máis os rapaces e rapazas que se introducen no mundo do surf na comarca de Ferrolterra. Alberto Freire, creador e monitor da escola Beach Club Surf&Coffee de Valdoviño, imparte clases nun entorno familiar situado na Praia de Pantín e afirma que “o máis difícil non é poñerse de pé enriba da táboa”.

 

ESCOITA O PODCAST:

Cun monitor para cada cinco alumnos e dándolle moita importancia á seguridade, a escola Beach Club Surf&Coffee ofrece clases na que Alberto Freire desvela como a mellor zona da Praia de Pantín para aprender: Marnela, situada ao lado esquerdo do areal. Os profesores desta escola teñen moitas horas de mar e conseguen que os seus alumnos se poñan enriba da táboa á media hora de empezar. As dinámicas do litoral, cómo funcionan as correntes ou cómo actuar en caso de perigo son aspectos que tamén aprenden en Beach Club Surf&coffee todos aqueles que se queiran adentrar nun deporte moi concienciado, ademáis, co medio ambiente. O prezo das clases de luns a venres toda a mañá con servizo de transporte é de 150 euros. “A primeira clase non a cobramos. Queremos promocionar este deporte”, asegura Alberto Freire.

Deportes

Publica o teu comentario agora