ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Afunde as raíces no mundo medieval cunha técnica moi complicada, natural,con pasificación. O tostado foi en Galicia o antigo monarca dos viños. Constitúe o produto máis xenuíno, importante pero descoñecido da antiga nación de Breogán, para o profesor Xavier Castro. Elaborado cos mellores acios da treixadura, é un viño naturalmente doce coma o Tokay húngaro ou o Sauternes.
É irrepetible. O tostado do Ribeiro é único en toda Europa. Ten unha crianza de anos e superior ao Xerez, ao Málaga e ao viño de Porto. Alí inxéctanlle alcol, pero o tostado galego logra 15 graos dun xeito natural. Era un viño co que se celebraba o realmente importante, a chegada dun fillo, as vodas ou o adeus antes da morte. Un trago servía para suavizar o duro transo e de paso intentar que levaran un recordo doce da vida. O historiador Xavier Castro afonda neste viño no seu libro "Tostado.Vino noble de Galicia" publicado por Acuarela Comunicación.
Publica o teu comentario agora