ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O casco histórico de Allariz acolle este vindeiro domingo 13 de setembro a VII Edición da Feira de Artesanía. Participarán 23 artesáns chegados dende toda Galicia, dos que 7 son da localidade alaricana, que durante todo o domingo terán expostos xoias, feltro, forxa artística, madeira, coiro, pintura ou vidro.
A Feira de Artesanía é un proxecto que nacía no ano 2003 “froito do traballo conxunto, entre o Concello e os artesáns alaricanos, de recuperación etnográfica e dos oficios perdidos para promocionar a actividade artesanal” sinalaba Cristina Cid, Concelleira de Promoción Económica.
Na Praza Maior e na Praza de Abaixo do centro de Allariz terá lugar a feira. Este ano haberá novidades en canto a produtos expostos, como macramé ou traxes populares para dar dinamismo ao mercado. Ademais de exposición e venda, dous artesáns locais Xaime Piñeiro e Antonio González, amosarán a súa arte, pintura e cerámica artística e cestería, respectivamente.