ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un obradoiro de manga impartirase en Fene a partir do xoves catro de xullo. Haberá unha quenda para rapazada de once a doce da mañá. Outra para persoas adultas de doce a unha. Correrán a cargo da ilustradora Gisela Beltrán. Está aberto o prazo de inscrición na tenda de cómics e xogos Cáprica. Juanma Sanchez falou tamén en Radio Fene do xogo Evacuation, a medio camiño entre a aventura e a ciencia ficción.
Xapón é unha potencia na banda deseñada. Ata o punto de que popularizou en todo o mundo o nome que lle dá ás súas historias gráficas. Os manga. E teñen unha clasificación propia segundo o público ao que se destinan. Este verán pódese aprender a debuxar manga, a banda deseñada xaponesa, na tenda de cómics e xogos Cáprica (Rúa Doutor Malvar,7. 15500 Fene)
Publica o teu comentario agora