ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Maníños B selou o seu pase á final polo ascenso a Segunda Futgal tras superar na quenda de penaltis ao Xuventude de Cabanas nun encontro igualado e condicionado pola calor. O adestrador, Álvaro Dopico 'Chiqui', destacou o sufrimento dun partido decidido na lotaría final tras unha prórroga marcada polo cansazo e o temor a cometer erros.

Xogouse na mañá do domingo no campo do Pote de Maniños. Rematou 1-0 e no encontro de dia o Xuventude gañou 1-0. Houbo prórroga e penaltis.
A final do play off polo ascenso disputaráse a vindeira fin de semana no campo municipal de Neda en día e hora ainda por fixar. O principal reto do Maniños B será controlar os nervos porque como dicía Valdano: "O fútbol é o estado de ánimo. Se estás ben, o balón parece máis pequeno e a portería máis grande".
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora