O Maniños B vai en serio

O Maniños B vai en serio
03 de Outubro, 2022 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

"Competimos co líder da Segunda Galicia de fútbol, pero fallamos dous penaltis e con eses erros non se pode gañar un partido" afirma o adestrador do Maniños B Michel Rodriguez, quen se confesa "globalmente satisfeito" tras o partido xogado na tarde de onte domingo na casa do Rápido de Neda.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

Neda 3 - 1 Maniños B. "Teño boas sensacións xa que conseguimos realizar boa parte do que falamos durante a semana" indica o técnico. No minuto 26 un gol de Angel empatou o marcador, aínda que logo erros defensivos do Maniños permitiron os tantos do equipo local.

Deportes

Publica o teu comentario agora