O Maniños derribou ao Perlío (2-1)

O Maniños derribou ao Perlío (2-1)

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Maniños derribou ao Perlío, que ofreceu resistencia de principio a fin. Pero insuficiente para frear a un equipo que leva 5 partidos sen perder. Os dos Pinares defenderon con entereza as súas cores, e nunca se arrugaron. Pero ao remate impúxose o vigor do equipo local.

Os goles de Jose e Adrián déronlle finalmente a victoria ao Cultural Maniños, sen que servise o penalty marcado por Alberto Fornos para o Perlío.

Despois do derby, o Maniños situase agora no 5º posto da Segunda Autonómica de fútbol, grupo de Ferrolterra, con 47 puntos. O Perlío ocupa a 6ª praza con 45.

 

Deportes