O Maniños feminino empeza a subir

Xogaron o mellor partido da tempada
30 de Outubro, 2018 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

O San Sadurniño 0- Maniños 3 é un fiel reflexo do acontecido no campo. Os goles foron de Ana, Laura e Rebe.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños feminino volve á senda da victoria, nesta ocasión a costa do San Sadurniño ao que venceu por un resultado de 0-3 no campo da Piscina. "Foi o mellor partido das de Maniños, o máis completo" afirma o seu técnico, Carlos Gómez. Así que o resultado da fe do discurrir do encontro. O primeiro gol chegou dun corner e executouno Ana. O segundo de Laura e o terceiro de Rebe redondearon o resultado final. Axudou que o San Sadurniño perdeu á súa goleadora esta tempada pero as xogadoras fenesas empezan a notarse seguras no terreo de xogo. O sabado 3 de novembro ás 19:00h agardan polo Galicia de Mugardos no campo do Pote.

Deportes

Publica o teu comentario agora